jueves, 12 de enero de 2017

Bandos de reis

O outro día, os nenos e nenas da banda leste decidimos descubrir polo noso pé que é iso dos "Bandos de reis". Parece ser que é unha tradición moooi antiga, na que os mozos e mozas percorrían as casas e establecementos da súa vila ou aldea cantando (e pedindo aguinaldo!!) Na actualidade xa case non se leva a cabo, pero como a nós pareceunos moi guay fomos probalo polo nosa conta. Case todos e todas vestímonos de branco, como tradicionalmente se facía, e algúns ata se puxeron perrucas! 
O resultado foi xenial: ademais de pasar un bo rato cantando cancións e tocando (pandeiretas, tambores e ata un ukelele), os establecementos portáronse moi ben connosco, ao voltaren estabamos ata riba de lambetadas. Para o ano temos que repetir! Déixovos unhas fotos para que poidades comprobar o ben que nolo pasamos ese día!