sábado, 4 de marzo de 2017

Obal

Este venres tivemos unha gran sorpresa. Ao chegar ás aulas, atopámonos á banda Obal, cos seus instrumentos dispostos a tocar para nós. Foi unha gran alegría porque xunto con eles aprendemos a bailar diversas danzas do mundo, e desta vez ata gravamos un vídeo! Xúntovolo aquí para que podades ter envidia do ben que o pasamos.
Por certo isto do baile non se nos da nada mal :)








O entroido

Nestas festas, como non podía ser doutra forma, os da Banda Leste decidimos celebrar o Entroido como bós e boas festeiros e festeiras que somos. Cada un trouxo o seu disfraz: trogloditas, princesas, policías... E ata a Raíña de Corazóns animouse a vir a nosa festa e tocar un pouco de música! Pasámolo moi ben xogando, bailando e maquillando a aqueles e aquelas que se olvidaran do seu disfraz. O ano que ven máis e mellor!